Impulso á producción literaria

Un espazo, un tempo e unhas condicións óptimas para o traballo creativo.

Fronte á Biblioteca Provincial e ao Teatro Principal da cidade, e a escasos metros da maxestosa Praza de María Pita. Un privilexiado entorno, tranquilo e inspirador, con vistas á baía e con todas as comodidades do centro histórico coruñés ao alcance da man.

Residencia 1863

Bolsas en residencia de un a dous meses de duración, como impulso á produción literaria e a súa promoción internacional, para autores e autoras galegas de todo o mundo.

Un apartamento mariñeiro de 1863, pero con todas as comodidades e un coidado deseño, alberga estadías –tipicamente de catro semanas– nas que o autor ou autora pode profundar na súa obra de escrita creativa.

As nosas residencias

Coñece as nosas residencias

A Residencia Literaria 1863 establece acordos con entidades públicas e privadas destinadas á promoción da escrita creativa en xeral ou da literatura dos seus países en concreto.

Comodidades

Un privilexiado entorno,
tranquilo e inspirador

Estancia principal, cuarto para reunións con biblioteca, salón, cociña, dormitorio, espazo de traballo, baño e 2 varandas con incríbeis vistas ao mar. Unha reforma integral deseñada polo estudio de arquitectura Hábitat social, baixo os valores de sosBbilidade, modernidade e eficiencia.

Convocatorias abertas:

IV Residencia Asturies

Convocatorias abertas:

IV Residencia Asturies