Poldra

A polisémica palabra galega POLDRA remite a unha enerxía e forza feminina capaz de transportar coma o fan as éguas novas, pero á vez significa un sólido punto de apoio no que apoiarmos os pés para atravesar un río.
 
Así, de beira a beira, este programa de literatura expandida conecta os e as autoras literarias coas comunidades lectoras de concellos de toda a provincia da Coruña.
 
Promovido pola Área de Cultura da Deputación da Coruña, POLDRA leva escritores e escritoras de fóra de Galicia ata clubs de lectura, bibliotecas, espazos culturais e centros de ensino que se nutren da súa experiencia, proceso creativo ou mostras literarias.
 
Alimentándose en parte dos nosos escritores e escritoras en residencia, pero non só, estas voces literarias suman públicos galegos para a súa obra mentras entran en contacto tamén con axentes culturais, creadores/as, espazos, proxectos e, en definitiva, toda a riqueza cultural da provincia coruñesa, máis aló das cidades.