Telaraña de versos. Encuentro de Escritura Creativa con Saray Figuereo Roa

O 29 de outubro, o programa POLDRA – Literatura expandida achega ao Centro Ágora un novo encontro de escrita creativa baixo o nome Telaraña de versos, guiado pola poeta e narradora dominicana con especial interese no traballo con colectivos e grupos culturais afrodescendentes e LGTBIQA+ Saray Figuereo Roa @saray_unleashed

Un espazo para descubrir o poder da palabra, para escribir dende a emoción e deixar que a imaxinación constrúa pontes entre voces distintas.

29 de outubro · 17.00 h
Centro Ágora (aula 11) · A Coruña

Unha proposta organizada pola Deputación da Coruña, coa colaboración do Concello da Coruña @coruna_gal e de Yarama África @yaramaafrica, que convida a vivir a literatura como un lugar de encontro e creación compartida.