Recital de Marta Mori en Arzúa

A poeta asturiana Marta Mori, gañadora da V Residencia Asturies de literatura, achégase a nós para compartir fragmentos do seu universo creativo.

Unha oportunidade única para escoitar “Los carreros del tiempu”, un recital onde palabra, memoria e sentimento camiñan xuntas.

O seu traballo, marcado pola exploración do amor e do dó, combina diario, poesía e reflexión literaria nunha proposta tan íntima como poderosa.

Biblioteca Pública Rosalía de Castro – Arzúa
13 de decembro
11:00 h