Recital comentado co poeta, ensaísta, tradutor, xornalista e catedrático Víctor Rodríguez Núñez

13 de setembro, ás 19:00 h

Casa de Rosalía, Padrón

Víctor Rodríguez Núñez (A Habana, Cuba, 1955) é poeta, ensaísta, tradutor, xornalista e catedrático. Publicou dezaoito libros de poesía, case todos premiados e reeditados, sendo os máis recentes despegue (Premio Fundación Loewe, 2016), el cuaderno de la rata almizclera (2017), enseguida [o la gota de sangre en el nivel] (2018), la luna según masao vicente (2021) e errática (2023).

A súa obra apareceu en libros ou antoloxías en doce países de lingua española, e tamén en tradución ao alemán, árabe, bengalí, chinés, coreano, francés, hebreo, inglés, italiano, macedonio, neerlandés, portugués, serbio, sueco, turco e vietnamita. Leu os seus poemas en eventos literarios en máis de corenta nacións.

Durante a década de 1980 foi redactor e xefe de redacción da influente revista cultural cubana El Caimán Barbudo. Unha selección das súas entrevistas con poetas hispanos recóllese en La poesía sirve para todo (2008 e 2023). Compilou tres antoloxías que definiron a súa xeración, así como La poesía del siglo XX en Cuba (2011).

Traduciu poesía tanto do inglés ao español (Mark Strand, C. D. Wright, John Kinsella) como do español ao inglés (Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Emilio Pacheco). É Profesor Emérito de Literatura Hispanoamericana en Kenyon College, Estados Unidos.

Para máis información: victorrodrigueznunez.com.