Raíces de lluvia: recital collage de literatura panameña con Alessandra Monterrey Santiago

A literatura panameña chega a Mañón da man de @alessandra.monterreysantiago, que presentará Raíces de lluvia, un recital collage no que palabra e emoción se entrelazan como fíos de auga.

Dentro do programa POLDRA – Literatura expandida, esta proposta convida a mergullarse nun universo de voces e historias que dialogan coa memoria e coa identidade, abrindo camiños entre culturas.

30 de outubro · 18.00 h
Biblioteca Pública Municipal do Barqueiro · Mañón

Organiza a Deputación da Coruña, coa colaboración do @igualdade_manon.