23 de xullo, ás 18:00 h
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, Santa Cruz de Oleiros
Bileysi Reyes (San Pedro de Macorís, 1993) é licenciada en Letras pola Universidade Autónoma de Santo Domingo. Forma parte do Taller Literario Narradores de Santo Domingo e do Taller Literario César Vallejo. Foi distinguida co accésit no concurso de contos Juan Bosch TLNSD (2018) e co primeiro premio de conto da Feria Regional del Libro y la Cultura de Monte Plata (2019).
Publicou o poemario Selva de palabras cortadas (2023) e os seus textos apareceron en revistas como Scriptura e Letras Salvajes, así como en diversas antoloxías, entre elas Voces del Este, Ellas narran e Quinta dosis. En 2023 foi convidada ao festival Soria Expoesía (España) e é coordinadora do Festival Internacional Semana de la Poesía de Santo Domingo. En 2024 obtivo a bolsa da Residencia Literaria 1863 na cidade da Coruña. Ademais, traballou na Feria Internacional del Libro de Santo Domingo como editora do programa xeral e como subcoordinadora do Pavillón de Poesía na edición de 2023.
