Lectura comentada e coloquio posterior coa escritora Ariadna G. García

23 de agosto, ás 12:30 h

Pazo de Goiáns, Boiro

Ariadna G. García é novelista e poeta. Publicou as novelas Inercia (2014), unha distopía, e El año cero (2019), un thriller, ambas moi ben acollidas pola crítica. Como poeta, desde 2001 deu á luz numerosos libros en editoriais como Hiperión, Pre-Textos ou La Garúa, e recibiu recoñecementos como os premios Hiperión, Arte Joven da Comunidade de Madrid e Internacional Miguel Hernández–Comunidade Valenciana.

Tamén é autora de dous poemarios de literatura infantil e xuvenil e editora de varias antoloxías de clásicos da poesía española para Akal. Ademais, traduziu —xunto con Ruth Guajardo— Vivo en lo invisible. Nuevos poemas escogidos, de Ray Bradbury, e publicou o ensaio Cornucopia, que reúne un cento de reseñas literarias. Foi bolseira de creación artística na Residencia de Estudiantes e actualmente é profesora de ESO e Bacharelato nun instituto de Madrid.