Ismael Ramos conversa con Miriam Ferradáns

Este 23 de xullo ás 20:30 h temos unha nova cita co mellor da literatura galega na Casa da Cultura de Outes: o poeta Ismael Ramos (@ismaelramosc) conversa coa tamén poeta Miriam Ferradáns (@miriamferradans), nun encontro organizado en colaboración co @concello_outes.

Ismael Ramos é autor de títulos como Lixeiro, Lumes ou Os fillos da fame. A súa obra foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía Joven “Miguel Hernández” e traducida a varios idiomas. A súa poesía, afiada e contemporánea, dialoga con cuestións como a identidade, a memoria ou a resistencia.

Entrada libre ata completar aforo.