Encontro co poeta e profesor de escritura creativa mexicano Manuel Becerra

Este 22 de maio ás 20:00 h, temos unha nova cita na Biblioteca Pública Municipal de Brión: encontro co poeta e profesor de escritura creativa mexicano Manuel Becerra (@jmanuel.becerra), residente da Residencia Literaria 1863 (@resi_1863), titulada La poesía es un arma cargada de presente.

Manuel Becerra é poeta, ensaísta, xestor cultural e profesor de escritura creativa. Autor de oito libros de poesía, a súa obra foi recoñecida con diversos premios e destaca pola forza do seu compromiso literario e social.

Entrada libre ata completar aforo.