De Panamá a Cabanas: la vida contada desde los libros, con Pedro Crenes Castro

Todas as vidas son dignas de ser contadas; nalgunha esquina do mundo libro sempre hai unha historia que nos reflicte, que nos narra. Nesta sesión viaxaremos desde o “Puente del mundo y corazón del universo”, Panamá, ata o instante mesmo de encontrarnos para falar de lectura: un camiño directo ao centro do vicio de ler e escribir.

Un encontro para quen busca descubrir outras voces, outros territorios e outras maneiras de entender a literatura.

28 de novembro
17:00 h
Casa da Cultura (Escola Laica), Cabanas