O 15 de setembro ás 10:00 h, temos unha nova cita na Universidade de Santiago de Compostela (@universidade_usc), na Facultade de Filoloxía (aula C12) : Conferencia de Máighréad Medbh baixo o título “Posthumanist Intimations III: The Limits of Nostalgia”.
Máighréad Medbh é unha poeta e escritora irlandesa que explora temas como o cambio, a soidade e os límites da linguaxe, combinando poesía, narrativa e análise para crear obras vivas e profundas. O seu último libro, “Imbolg”, presenta poemas sobre transformación e experiencias humanas intensas, e tamén destaca polo seu enfoque innovador no xénero do ensaio autopoético.
Entrada libre ata completar aforo
