Este 28 de abril ás 16:00 h, temos unha nova cita na Biblioteca da Universidade Laboral (CIFIP) (@ulaboral): conferencia da autora checa Štěpánka Jislová (@jislovka) titulada “Heartcore and the ethics of autobiographies” (en inglés con tradución simultánea).
Štěpánka Jislová é ilustradora e artista de banda deseñada que explora nas súas obras as complexidades da Europa post-soviética. É autora de oito cómics, incluído Heartcore, unha autobiografía íntima sobre relacións e os ciclos tóxicos do amor.
Entrada libre ata completar aforo.
