O 21 de agosto ás 12:00 h, temos unha nova cita no Centro Cultural Lustres Rivas (@concelloribeira): charla/encontro coa poeta, investigadora e tradutora literaria Francesca Cricelli, baixo o título: “Terra Mãe: paisagens ecológicas e maternas na poesia escrita por mulheres no Brasil e na Itália”.
Francesca Cricelli é poeta, nai, investigadora e tradutora literaria. Actualmente realiza unha estadía posdoutoral na Universidade de São Paulo (USP), centrada nas representacións da maternidade na literatura contemporánea. É autora de diversos libros de poesía en edicións bilingües (portugués–español, islandés, italiano e inglés), e traduciu obras de autoras como Elena Ferrante, Igiaba Scego ou Stefania Auci, entre outras.
A súa traxectoria combina a creación poética coa investigación e a tradución, dende unha perspectiva feminista, ecolóxica e transnacional.
Entrada libre ata completar aforo.
Inscricións en: normalizacion@ribeira.gal
