Recital de Marta Mori en Arzúa

A poeta asturiana Marta Mori, gañadora da V Residencia Asturies de literatura, achégase a nós para compartir fragmentos do seu universo creativo. Unha oportunidade única para escoitar “Los carreros del tiempu”, un recital onde palabra, memoria e sentimento camiñan xuntas. O seu traballo, marcado pola exploración do amor e do dó, combina diario, poesía e […]

De Panamá a Cabanas: la vida contada desde los libros, con Pedro Crenes Castro

Todas as vidas son dignas de ser contadas; nalgunha esquina do mundo libro sempre hai unha historia que nos reflicte, que nos narra. Nesta sesión viaxaremos desde o “Puente del mundo y corazón del universo”, Panamá, ata o instante mesmo de encontrarnos para falar de lectura: un camiño directo ao centro do vicio de ler […]

Coloquio improvisado: bertsolaritza e regueifa con Nerea Ibarzabal

A escritora e bertsolari Nerea Ibarzabal Salegi (Markina-Xemein, Bizkaia, 1994) chega a Carballo para protagonizar un coloquio improvisado sobre bertsolaritza e regueifa, dúas tradicións irmás que comparten a forza da oralidade, da lingua e da creatividade popular. Xornalista de formación, Nerea é colaboradora de prensa, escritora e unha das voces máis recoñecidas do bertsolarismo actual. […]

Raíces de lluvia: recital collage de literatura panameña con Alessandra Monterrey Santiago

A literatura panameña chega a Mañón da man de @alessandra.monterreysantiago, que presentará Raíces de lluvia, un recital collage no que palabra e emoción se entrelazan como fíos de auga. Dentro do programa POLDRA – Literatura expandida, esta proposta convida a mergullarse nun universo de voces e historias que dialogan coa memoria e coa identidade, abrindo camiños […]

Telaraña de versos. Encuentro de Escritura Creativa con Saray Figuereo Roa

O 29 de outubro, o programa POLDRA – Literatura expandida achega ao Centro Ágora un novo encontro de escrita creativa baixo o nome Telaraña de versos, guiado pola poeta e narradora dominicana con especial interese no traballo con colectivos e grupos culturais afrodescendentes e LGTBIQA+ Saray Figuereo Roa @saray_unleashed Un espazo para descubrir o poder da […]

2ª Conferencia de Máighréad Medbh e NOVO DESEÑO

Nesta ocasión achegaranos a conferencia “Posthumanist Intimations: The Limits of Nostalgia”, unha reflexión que combina literatura, pensamento crítico e unha ollada ao futuro dende a memoria. Data: 25 de setembroHora: 13:00 hLugar: Facultade de Filoloxía (UDC) @udc_oficial – Sala Seamus Heaney, 3º andar, Edificio Despachos Ademais, aproveitamos esta cita para presentar o novo deseño de POLDRA para […]

Conferencia de Máighréad Medbh

O 15 de setembro ás 10:00 h, temos unha nova cita na Universidade de Santiago de Compostela (@universidade_usc), na Facultade de Filoloxía (aula C12) : Conferencia de Máighréad Medbh baixo o título “Posthumanist Intimations III: The Limits of Nostalgia”. Máighréad Medbh é unha poeta e escritora irlandesa que explora temas como o cambio, a soidade […]

Charla/encontro con Francesca Cricelli

O 21 de agosto ás 12:00 h, temos unha nova cita no Centro Cultural Lustres Rivas (@concelloribeira): charla/encontro coa poeta, investigadora e tradutora literaria Francesca Cricelli, baixo o título: “Terra Mãe: paisagens ecológicas e maternas na poesia escrita por mulheres no Brasil e na Itália”. Francesca Cricelli é poeta, nai, investigadora e tradutora literaria. Actualmente […]

Ismael Ramos conversa con Miriam Ferradáns

Este 23 de xullo ás 20:30 h temos unha nova cita co mellor da literatura galega na Casa da Cultura de Outes: o poeta Ismael Ramos (@ismaelramosc) conversa coa tamén poeta Miriam Ferradáns (@miriamferradans), nun encontro organizado en colaboración co @concello_outes. Ismael Ramos é autor de títulos como Lixeiro, Lumes ou Os fillos da fame. A […]

Encontro co escritor e guionista valenciano Borja Navarro

Este 27 de xuño ás 20:00 h, temos unha nova cita no Concello de Curtis -e o seu club de lectura de Curtis-Teixeiro- co escritor e guionista valenciano Borja Navarro (@borjanavarroselles), residente da Residencia Literaria 1863 (@resi_1863). Borja Navarro é autor de dúas novelas —Oriente y la Rana de San Marcelino (2019) e Arcén (2023), esta […]