Este 24 de maio ás 11:30 h, temos unha nova cita na Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor (@concello_melide ): encontro co poeta e profesor de escritura creativa mexicano Manuel Becerra (@jmanuel.becerra), residente da Residencia Literaria 1863 (@resi_1863), titulada La poesía es un arma cargada de presente.
Manuel Becerra é poeta, ensaísta, xestor cultural e profesor de escritura creativa. Autor de oito libros de poesía, a súa obra foi recoñecida con diversos premios e destaca pola forza do seu compromiso literario e social.
Entrada libre ata completar aforo.
