Este 27 de xuño ás 20:00 h, temos unha nova cita no Concello de Curtis -e o seu club de lectura de Curtis-Teixeiro- co escritor e guionista valenciano Borja Navarro (@borjanavarroselles), residente da Residencia Literaria 1863 (@resi_1863).
Borja Navarro é autor de dúas novelas —Oriente y la Rana de San Marcelino (2019) e Arcén (2023), esta última escollida como libro de narrativa do ano por El Nacional. Tamén foi recoñecido en diversos certames literarios e poéticos, e desenvolve unha ampla traxectoria como guionista no mundo do cine, documental e series. A súa obra transita entre a literatura, o cinema e a performance, cun forte compromiso creativo e narrativo.
Entrada libre ata completar aforo.
